22 novembro 2022

Primeira reunión e primeira lectura: El valle de los lobos, de Laura Gallego


 Primeiro encontro do club de lectura para falar da nosa primeira lectura: El valle de los lobos, de Laura Gallego. A verdade é que a nosa primeira escolla foi todo un triunfo, o libro encantounos a todos: maxia, unha protagonista ben valente, misterio, aventuras, seres fantásticos como unicornios, elfos, ananos... Todos imos pola metade da historia máis ou menos, así que o próximo mes xa a teremos rematada.

Nesta primeira reunión xantamos xuntos na nosa biblio partillando opinións sobre a historia, os nosos momentos favoritos, o personaxe que máis nos estaba gustando, os sucesos máis emocionantes... 

Como aínda non rematamos o libro, quedamos en vernos o próximo mes para rematar de falar del.