02 maio 2023

Nova lectura: Vaiche boa!, de Paul Jennings


Desta volta tocounos ler un libro en galego co que os risos estaban asegurados. Nesta colección de relatos de Paul Jennings os protagonistas viven situacións disparatadas nas que se mesturan pantasmas, inventos extraordinarios e algúns fedorentos, xeados máxicos, aparicións en sitios insospeitados... Non fomos quen en poñernos de acordo sobre cal é a mellor historia, a algúns gustoulles a da crema de bosta de vaca, a outros a da caixa voadora, houbo quen preferiu a dos calzóns máxicos... Todas son divertidas e nos fixeron pasar un bo rato. 

Despois de comentar o libro, fixemos un Kahhoot sobre el na aula de informática e rematamos xogando un pouco ao aire libre antes de retomar as clases da tarde.

Cal será a próxima lectura?