Dende que o curso pasado lemos a primeira parte desta triloxía de Laura Gallego estabamos agardando impacientes seguir gozando das máxicas aventuras da Torre e os seus habitantes. Non defraudou, houbo incluso quen dixo que esta segunda parte lle gustara máis que a primeira! Xa estamos pensando en pechar a triloxía antes de que remate o curso, porque agora non podemos quedar sen saber que pasa coa Bailarina de Lume, Dana, Kai, Jonás, Fenris... É que todos os personaxes son incribles!
Xa eliximos a nosa próxima lectura, e seguindo o lema das Bibliotecas Escolares para este curso, será BD. Para saber o título teredes que agardar ata a próxima reunión. E xa sabedes, se vos apetece unirvos ao noso grupiño, pasade pola biblioteca e preguntade.
Ata a próxima e moi boas lecturas!