Como cada final de curso, o alumnado dos nosos clubes de lectura achegouse ao CEIP Praia Xardín para unha sesión de lectura compartido cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Educación Primaria. Como o tempo non acompañaba, tivemos que botar man da biblioteca, os corredores, as escaleiras, e calquera recuncho que nos parecese xeitoso.
DeBoirolibros
Blog do club de lectura DeBoirolibros, do IES Praia Barraña. Aquí compartiremos as nosas experiencias lectoras.
10 maio 2025
Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín
16 marzo 2025
Redes, Eloy Moreno.
Por petición popular, marzo febreiro foi o mes de ler a nova novela de Eloy Moreno, que chegou a nós como a segunda parte de Invisible. Aínda que nos gustou moito a novela, non estamos moi de acordo con esta afirmación, pois non cremos que esté tan relacionada coa obra anterior. É certo que aparecen algúns dos personaxes de Invisible, pero como secundarios, e a historia é moi distinta da primeira. Isto non quere dicir que nos decepcionara ou non nos gustara, todo o contrario, pareceunos unha boa historia para reflexionar sobre o que facemos cos nosos móbiles, os perigos das redes sociais e a importancia da amizada. Pese a todo, a maioría de nós seguimos quedando con Invisible, unha historia que nos gañou o corazón e vemos máis cercana.
Cal será a nosa próxima lectura? Agardámosvos por aquí para contárvolo!
20 xaneiro 2025
La invención de Hugo Cabret; Brian Selznik.
- “Si dejas de tener un propósito en la vida es como... como si te rompieras.”
18 decembro 2024
Decembro: Snapdragon e cine navideño
Como estamos a piques de marchar de vacacións de Nadal, nesta ocasión fixemos unha reunión un pouco especial. Ademais de falar da nosa última lectura, a obra de banda deseñada Snapdragon, de Kat Leyh, fixemos unha pequena sesión de cinema con o Grinch.
A todos e todas nos encantou o comic, unha historia que ten de todo: aventura, misterio, amizade, maxia, personaxes diversas... Recomendámosvos que o leades, tendes exemplares na biblioteca.
Veremos que lecturas estupendas nos agardan no novo ano!
06 novembro 2024
Inauguramos curso con Ledicia Costas e A balada dos unicornios.
Xa estamos de volta! E xa sabedes que neste club de lectura somos grandes siareiros da literatura fantástica, así que decidimos botar a andar este curso con esta novela fantástica (en tódolos sentidos) de Ledicia Costas.
Gustounos moito a todas e todos, falamos arreo sobre a historia, sobre a súa protagonista, unha rapaza afouta que defende aos seus e non tolera as inxustizas, e fixemos un encrucillado sobre o libro.
A continuación deixámosvos algunhas opinións dos integrantes do club:
- "Gustoume que na historia aparecese unha persoaxe real, Jack o Destripador, unha figura de terror na vida real xa coñecida hai anos por ser un famoso asasino en serie. Encántame como describe as esceas e a maldade do personaxe. Entroume curiosidade e busquei na rede información sobre este personaxe. Y.E. 2ª ESO A.
- "O meu personaxe favorito é Nuno, xa que durante toda a historia se mostra superoptimista. Se che gusta a fantasía, esta é unha historia para ti". R.G. 2º ESO B
- "Pareceume un libro moi interesante, a miña personaxe favorita é Tic-Tac e a miña e a escena que máis disfrutei foi cando Ágata discute con Ofelia porque non a deixa ir ao cuarto de León". L.P. 1º ESO B
- "A historia está protagonizada por unha rapaza chamada Ágata que quere saber máis sobre o seu pasado e salvar ao seu amigo. A miña parte favorita é a discusión entre Ágata e Ofelia. Recoméndolle este libro a todos/as aos que lles gusten os libros de fantasía". A.R. 1º ESO B
19 xuño 2024
Peche de curso. Última lectura e xantar.
Na última sesión deste curso, os DeBoirolibros de 1º e 2º de ESO, ademais de compartir impresións sobre a nosa última lectura compartimos un xantar especial para pechar un novo ano de club.
Para rematar o curso lemos La ciudad de las bestias, de Isabel Allende, unha historia de aventuras con algo de maxia que nos levou a coñecer as tribus do Amazonas e a súa cultura e forma de vida, e que nos gustou moito a todos e todas nós. É o primeiro libro dunha triloxía que de seguro continuaremos o próximo curso.
Despois de xantar, tomar uns xeados para celebrar a chegada do verán e falar sobre o libro aínda tivemos tempo de pasar un ratiño na nosa biblioteca xogando.
31 maio 2024
Última lectura dos DeBoirolibros de Bacharelato: Morir en primavera, de Ralf Rothmann
Para rematar o curso, o alumnado do club de lectura de Bacharelato aproximouse á Segunda Guerra Mundial con esta historia que rememora o fin da guerra, e como o viviron dous mozos reclutados que asisten a ese final caótico. Unha novela que, ademais de sobre a guerra fala sobre a amizade, o deber, a culpa... Cando remataron o libro, os alumnos e alumnas escribiron as súas propias "Postais dende a guerra", tratando de poñerse na pel de todos eses mozos obrigados a vivir o horror.