Na última sesión deste curso, os DeBoirolibros de 1º e 2º de ESO, ademais de compartir impresións sobre a nosa última lectura compartimos un xantar especial para pechar un novo ano de club.
Para rematar o curso lemos La ciudad de las bestias, de Isabel Allende, unha historia de aventuras con algo de maxia que nos levou a coñecer as tribus do Amazonas e a súa cultura e forma de vida, e que nos gustou moito a todos e todas nós. É o primeiro libro dunha triloxía que de seguro continuaremos o próximo curso.
Despois de xantar, tomar uns xeados para celebrar a chegada do verán e falar sobre o libro aínda tivemos tempo de pasar un ratiño na nosa biblioteca xogando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario