21 marzo 2023

Terceira lectura: Coraline, de Neil Gaiman. Libro e peli.



Para a nosa terceira lectura decantámonos pola novela curta Coraline, de Neil Gaiman. Para conseguir os exemplares fixémonos usuarios do servizo de préstamo da Biblioteca de Galicia para clubes de lectura, que nos parece un recurso estupendo para non ter que mercar todos os exemplares necesarios, aínda que compramos algúns, xa que na nosa biblioteca non tiñamos esta fantástico libro.

Ademais de ler o libro, que nos gustou moitísimo a todas e todos, o día da reunión fixemos unha sesión de cine na biblio, xa que esta novela conta cunha adaptación cinematográfica estupenda de Tim Burton, un xenio da animación. Ao rematar, fixemos un pequeno debate analizando as similitudes e diferenzas entre o libro e a película, ambos xeniais. 

Animámosvos a achegarvos ás dúas versións, nós pasámolo estupendamente con ambas.