Ademais de ler o libro, que nos gustou moitísimo a todas e todos, o día da reunión fixemos unha sesión de cine na biblio, xa que esta novela conta cunha adaptación cinematográfica estupenda de Tim Burton, un xenio da animación. Ao rematar, fixemos un pequeno debate analizando as similitudes e diferenzas entre o libro e a película, ambos xeniais.
Animámosvos a achegarvos ás dúas versións, nós pasámolo estupendamente con ambas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario