07 febreiro 2023

Terceira reunión e segunda lectura: Aleida, cidade sen alma e Aleida, cruzada, de Víctor Boullón

 


Desta vez tocou aproximarse á banda deseñada en galego da man de Víctor Boullón. Como eran historias curtiñas decidimos ler as dúas entregas das aventuras desta rapaza afouta, Aleida, que descobre unha conspiración para roubar as reliquias do apóstolo Santiago e despois embárcase nunha viaxe chea de aventuras ata Italia para recuperalas.

Dúas historias trepidantes que nos gustaron a todos e todas. Na nosa biblioteca non hai moita banda deseñada, e nesta reunión decidimos que unha parte importante dos nosos fondos ímola adicar a actualizar esta sección que consideramos fundamental para os lectores e lectoras do noso centro. 

Tras conversar sobre as historias e compartir impresións, fixemos uns pasatempos sobre os cómics, que completamos no patio aproveitando o día solleiro. Tamén decidimos cal será a nosa nova lectura: algunha suxerencia??

Ningún comentario:

Publicar un comentario