20 decembro 2022

Segunda reunión: rematamos El valle de los lobos, de Laura Gallego



Por fin rematamos El valle de los lobos, e a nosa valoración foi a mesma que cando tiñamos a metade do libro lido: é unha historia fantástica! Unha rapaza valente, cun amigo misterioso ao que coñece de cativa, que é conducida por un descoñecido mestre a unha torre onde a prepararán para controlar os seus poderes e exercer a maxia. Alí atopará a un misterioso compañeiro elfo, unha cociñeira anana e un montón de misterios e aventuras aos que terá que facer fronte mentres vai pasando os distintos exames de maxia. A novela de Laura Gallego non ten desperdicio! De seguro que nalgún momento continuaremos coa segunda parte desta triloxía de Crónicas de la Torre, porque quedamos con ganas de máis. 

Para animar ao resto de usuarios e usuarias da Boiroteca a achegarse a esta historia fixemos un pequeno mural sobre a autora e a súa obra que colgamos na biblioteca. Esperamos que moitos e moitas se decidan a darlle unha oportunidade a esta historia, porque paga moito a pena.

Xa decidimos a nosa seguinte lectura, pero teredes que agardar á volta das vacacións para saber cal é.

E recordade, para este Nadal, non hai mellor agasallo que unha boa lectura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario