Como tódolos anos, non quixemos rematar o curso sen
visitar aos nosos amigos e amigas do CEIP Praia Xardín. A coordinadora da súa
biblioteca, Pili, recibiunos na súa casa para que os alumnos dos clubes de
lectura do IES Praia Barraña e o alumnado de 1º de EP do CEIP Praia Xardín
compartisen un ratiño de lectura ao aire libre. Foi unha preciosa experiencia
de lectura compartida, pequenos e maiores gozaron de historias como A que
sabe un bico?, Unha familia normal, Unha casa a medida, Chivos, chivóns... e
moitas máis. Ao rematar, os padriños recibiron un diploma e un pequeno
agasallo, ao igual que os apadriñados.
Blog do club de lectura DeBoirolibros, do IES Praia Barraña. Aquí compartiremos as nosas experiencias lectoras.
30 maio 2024
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario